
Nus
Gago, Manuel
Na madurez, Toño Figueroa, descendente da última aristocracia do país, mantén unha dobre vida na intimidade da súa memoria. Lembra a diario as súas primeiras veces e habita sen descanso a pasada mocidade: o sexo, as grandes mentiras familiares, os trens que se foron perdendo. Móvese con cinismo e incredulidade no convulso ambiente político da Galicia do posfranquismo; a súa conciencia social remata no seu propio corpo e o das mulleres coas cales aprende a descubrilo. Ou iso nos quere facer crer. Ata que Toño e os seus amigos chegan á solitaria praia de Calabarda, un paraíso aberto ao océano onde se pode ser libre dun xeito novo: sen roupa. Nun extremo da praia, os arqueólogos descobren un castro ancestral. Noutro, os veciños soñan con leiras de millo en que agromen os chalés. E no medio, Toño únese a unha grea de nudistas dispostos a todo para manteren os seus coiros ao sol. Manuel Gago ofrécenos en "Nus" un retrato irónico e irreverente da contraditoria Galicia de comezos da década de 1980 a través das aventuras sexuais dun crápula tan cínico como tenro.
- Autor
-
Gago, Manuel
- Matèria
-
Literatura
> Narrativa gallega
- Gènere
- General > Ficció moderna i contemporània
- EAN
-
9788491218210
- ISBN
-
978-84-9121-821-0
- Edició
- 1
- Editorial
-
Edicións Xerais
- Pàgines
- 392
- Alçada
- 23.0 cm
- Amplada
- 15.5 cm
- Data publicació
- 11-03-2021
- Idioma
- Gallec
- Col·lecció
- Xerais narrativa
- Núm. a la col·lecció
- 471