
Avoa de arriba e avoa de abaixo
DePaola, Tomie
A Tomi encántalle ir de visita os domingos á casa dosseus avós. Mentres a avoa prepara un rico biscoito abaixo, na cociña, a bisavoa descansa no cuarto de arriba e cóntalle vellas historias de trasgos. Unha mañá, a nai de Tomi dálle unha mala nova: a avoa de arriba morreu esta noite. Este relato autobiográfico, tenro e emotivo, achega os nenos e nenas a cuestións fundamentais: as raíces familiares, os afectos, o paso do tempo, a vellez, a perda dos seres queridos e como superar esa situación ou a importancia da memoria e dos recordos. Considerado xa un clásico contemporáneo, as súas ilustracións de cores suaves reforzan a atmosfera íntima da historia.
- Autor
-
DePaola, Tomie
- Materia
-
Infantil y juvenil
> Para niños de 0 a 4 años
- EAN
-
9788413431499
- ISBN
-
978-84-1343-149-9
- Edición
- 1
- Editorial
-
Kalandraka Editora
- Páginas
- 32
- Alto
- 28.0 cm
- Ancho
- 21.5 cm
- Fecha publicación
- 26-04-2022
- Idioma
- Gallego
- Colección
- Tras os montes