
Diario de Ana Frank
Frank, Anne
O "Diario de Ana Frank" foi escrito entre o 12 de xuño de 1942 e o 1 de agosto de 1944 no ático de Amsterdam onde Ana e a súa familia se esconderon dos nazis. A obra publicouse ao rematar a II Guerra Mundial e axiña se converteu nun clásico en todo o mundo -traducido a ducias de linguas- por ser un gran e atemporal testemuño da memoria histórica, dos millóns de voces caladas durante o Holocausto. Nas páxinas desta nova edición, enriquecida con moitas pasaxes non publicadas anteriormente, Ana móstrase coma unha rapaza sincera e vital. Unha adolescente contraditoria, vulnerable, sensible e, sobre todo, namorada da vida. Ana debullará os seus segredos máis fondos: a descuberta do amor e da sexualidade, a rebeldía contra as inxustizas, a análise social e política desde o seu agocho, o xenocidio e a barbarie que acontencían no exterior, fóra da "casa de atrás"... Mais tamén están presentes no seu diario as vivencias dos que están obrigados a compartir TODO, mesmo o medo e a esperanza, mentres o seu mundo se esnaquiza.
- Autor
-
Frank, Anne
- Materia
-
Infantil y juvenil
> Narrativa 12 a 18 años
- EAN
-
9788419213440
- ISBN
-
978-84-19213-44-0
- Edición
- 1
- Editorial
-
Faktoría K de Libros
- Páginas
- 448
- Alto
- 20.5 cm
- Ancho
- 13.5 cm
- Fecha publicación
- 03-08-2023
- Idioma
- Gallego
- Colección
- Narrativa