
Intempériome
Arias, Xela
"Intempériome", o derradeiro libro de poemas publicado por Xela Arias en 2003, racha, desde o propio título, as convencións lingüísticas para facer un uso libre, exploratorio e rebelde da sintaxe e da voz, examinando o territorio da existencia, do amor e da morte. A través dos versos flúe a sinceridade dunha poeta aberta, espida, que rompe a palabra para inxectarlle significados contestatarios e invocar a lectora ou lector a que se libere da alienación. En palabras da poeta Iolanda Zúñiga, que se dirixe a Xela Arias no limiar do libro, "Íspeste para asimilar, sen estorbos, o alento do suburbial". Esta edición especial, feita con motivo da celebración das Letras Galegas 2021, consta dun estoxo que contén o libro de poemas Intempériome, un caderno de notas e un CD coa gravación dos poemas na voz de Xela Arias acompañada dos músicos Pablo Carrera, Macarena Montesinos e Elena Vázquez, baixo a dirección de Fernando Abreu.
- Autor
-
Arias, Xela
- Materia
-
Literatura
> Poesía gallega
- EAN
-
9788491218944
- ISBN
-
978-84-9121-894-4
- Edición
- 1
- Editorial
-
Edicións Xerais
- Páginas
- 128
- Alto
- 27.0 cm
- Ancho
- 22.0 cm
- Material anejo
- 1 CD
- Fecha publicación
- 13-05-2021
- Idioma
- Gallego
- Colección
- Poesía
- Nº en la colección
- 73