Miño

Miño

antoloxía do relato galego actual

Caño, Xosé Manuel de (ed.)

Na antoloxía "Miño", que xorde dunha iniciativa da asociación Amigos do Libro Galego/Artes e Le-tras, coordinada polo xornalista Xosé Manuel del Caño, recóllense 38 relatos que conforman unha visión xeral do estado da narrativa galega actual. Como escribe Rexina Vega no limiar que dá entrada á obra, os textos achegados polas autoras e autores amosan "a enorme diversidade e calidade que caracteriza hoxe a narrativa do noso país". Trátase de propostas literarias que "transitan libres e porosas, dialogan coa alteridade conscientes da ambivalencia que subxace en toda definición identitaria sen, porén, perder o acento que as marca como o produto modelado por un complexo aquí, comunidade que comparte lingua ou, o que é o mesmo, casa e ferida". Pola súa parte, Antón Riveiro Coello destaca no epílogo "a infinidade de rexistros e estilísticas ensaiados, a pluralidade de voces, os enfoques narrativos, as preocupacións temáticas, as diferentes técnicas de fascinación de todo este magma creador que ten algo de forza sintetizadora, de respiración dun país pola boca dos referentes do actual panorama literario".

Autor
Caño, Xosé Manuel de (ed.)
Materia
Literatura > Narrativa gallega
Género
Especiales > Cuentos, Historias cortas
EAN
9788411103107
ISBN
978-84-1110-310-7
Edición
1
Editorial
Edicións Xerais
Páginas
464 
Alto
23.0 cm
Ancho
15.5 cm
Fecha publicación
20-04-2023
Idioma
Gallego 
Colección
Xerais narrativa 
Nº en la colección
509 
Edición en rústica
23,99 € Añadir al carrito
Entrega: menos de 8 días

Caño, Xosé Manuel de (ed.)

  • Caño, Xosé Manuel de
    Xosé Manuel del Caño (Celanova, 1955) es un escritor y periodista del periódico Faro de Vigo en la edición de Orense.   Ver más sobre el autor