
Ulcis
Fernández Ferreiro, Xosé
Xosé Fernández Ferreiro comezou a deseñar o personaxe de "Ulcis" entre 1958 e 1963 e traballou nel ao longo de toda a vida. Aquel universo literario espertou a admiración dos seus compañeiros de Brais Pinto, especialmente a de Reimundo Patiño e X. L. Méndez Ferrín, que di no limiar deste libro: "Era o Fernández Ferreiro que estabamos esperando con sede nóntida". Estes contos surrealistas penetran na esencia máis fonda e escura do ser humano, alí onde nacen os mitos e as lendas, os pesadelos e a violencia, onde se desvelan os arquetipos dun mundo inferior, situado máis alá da consciencia, pero que habita en nós e, ás veces, nos posúe. Esa é a enorme e grandiosa forza de "Ulcis", o derradeiro libro do autor de Nogueira de Ramuín, libro no que traballou ata os últimos días da súa vida e que deu por rematado no outono de 2015. Agora, Xerais publica postumamente este libro magnífico e singular, da man de Francisco Fernández Naval, que achega tamén o epílogo, e con limiar de X. L. Méndez Ferrín.
- Autor
-
Fernández Ferreiro, Xosé
- Materia
-
Literatura
> Narrativa gallega
- EAN
-
9788491217022
- ISBN
-
978-84-9121-702-2
- Edición
- 1
- Editorial
-
Edicións Xerais
- Páginas
- 184
- Alto
- 23.0 cm
- Ancho
- 15.5 cm
- Fecha publicación
- 12-11-2020
- Idioma
- Gallego
- Colección
- Xerais narrativa
- Nº en la colección
- 463