Franco Grande, X. L.

X. L. Franco Grande (Tebra, Tomiño, 1936 - Vigo, 2020) estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu en Vigo como avogado. En 1967, publicou Entre o si e o non, Premio Nacional de Poesía Rosalía de Castro. Autor do Dicionario galego-castelán (1968) e do Vocabulario galego-castelán (1972). A súa obra poética publicouse en Herdo de memoria e tempo (1987). En 2004, reeditou, ampliado, Os anos escuros, o seu testemuño sobre a resistencia cultural, e, en 2009, Cando o futuro comezaba, a súa correspondencia con Ramón Piñeiro. En 2013 deu ao prelo o ensaio Outra política para outros tempos e, en 2019, A ilusión da esperanza. De Cabanillas a Xulio Ríos.

Mostrando 1-6 de 6 resultados

1

Libros del autor

Mostrando 1-6 de 6 resultados

1
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)