Lens, Jorge

Lens, Jorge

Jorge Lens (Vigo, 1967) combinou nos seus inicios o traballo como fotógrafo en La Voz de Galicia coa fotografía de autor, participando en numerosas mostras fotográficas. En 1997 comeza a exercer como profesor de fotografía na Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo, labor en que continúa. En 2019 publica, xunto á escritora Ana B. Gómez, El bosque de los deseos, un libro infantil de contos ilustrado con fotografías. En 2023, foi galardoado co I Premio Internacional de Fotografía E CA convocado, pola Generalitat de Valencia e a revista cultural Makma baixo o lema Naturalezas Contradictorias. Dende 2016 desenvolve un amplo traballo no eido da fotografía urbana, que se concretou en exposicións como City Blues (Centros Culturais de España en Latinoamérica), Me llaman calle (Galería Sargadelos, Vigo), Esclavos de nuestra sombra (Asociación Évame Oroza) e [bi]sións, dúas miradas sobre Vigo (Casa da Cultura).

Mostrando 1-1 de 1 resultados

1

Libros del autor

Mostrando 1-1 de 1 resultados

1
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)