Ruibal, José

José Ruibal (Xeve, 1925 – Cuenca, 1999) formouse literariamente en Pontevedra xunto aos animadores da Colección Benito Soto. Dramaturgo e ensaísta vinculado á chamada “xeración simbolista”, considerouse un dos grandes renovadores do teatro español contemporáneo. En 1951 emigra á Arxentina para despois instalarse en Montevideo, onde se implica en actividades políticas antifranquistas. Nese tempo iníciase no teatro antes de retornar a Galicia en 1960. Tras ser encarcerado en Vigo por actividades clandestinas, en 1962 instálase en Madrid e comeza a escribir o teatro que lle daría sona, especialmente nos Estados Unidos, onde chegou a residir durante anos e no que sería autor invitado no Actor’s Studio.

Mostrando 1-1 de 1 resultados

1

Libros del autor

Mostrando 1-1 de 1 resultados

1
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)