Pablo Bouza Suárez (Fene, 1965) é licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela e exerce como funcionario no Concello de Culleredo (localidade onde reside), onde desempeña o cargo de xefe de servizo de Cultura e Educación. Como poeta, é autor dos libros In aeternum (2007), O home que falaba coas baleas (2008), Ingrávido Signo (2010) e Na intimidade do azougue (2011). As súas obras recibiron numerosos premios e recoñecementos. Entre eles, Pablo Bouza foi gañador, ata en cinco ocasións, do Certame Literario do Concello de Vilalba.