Cancela, Ana

Cancela, Ana

Ana Cancela (Santiago de Compostela,1957). Estuda Psicoloxía na Universidade de Santiago (1976-1981) e asiste á Academia de Arte do pintor Xoán Pardiñas en San Martiño Pinario. Reside en Sanxenxo dende 1991. Prosegue a súa formación artística na Escola de Arte do pintor Miguel Mantilla. Realiza cursos de gravado na Deputación de Pontevedra no año 1999. Desde 1993 a 1995 imparte os primeiros cursos de pintura e debuxo patrocinados polo Concello de Sanxenxo, sendo a iniciadora da actual Escola Municipal de Arte. No ano 2009 principia os seus estudos de Belas Artes en Pontevedra. Gradúase en 2013. Así mesmo, desde o ano 2010 é a directora do Seminario de Estudos Locais de Sanxenxo (Foro Galicia Milenio), asociación que naceu co obxectivo de promover e catalogar neste municipio a súa etnografía, patrimonio, historia e tradicións populares.

Mostrando 1-1 de 1 resultados

1

Libros del autor

Mostrando 1-1 de 1 resultados

1
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)