Cid Galante, Rosa María

Cid Galante, Rosa María

Rosa María Cid Galante, nada en Ourense en 1966, é unha profesora e investigadora ourensá.<br>Licenciouse en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela. É doutora en Xeografía e Historia pola Universidade de Vigo, título que acadou coa tese de doutoramento Muller e educación en Ourense (1900-1930), dirixida por Carmen Benso Calvo. Tamén é Diplomada en Educación Xeral Básica (EXB) e licenciada en Psicopedagoxía. En 2022 acadou a titulación de Catedrática de Xeografía e Historia.<br>Exerce como profesora titular do Departamento de Xeografía e Historia no Centro de Educación para Adultos (EPAPU) de Ourense e tamén foi profesora asociada na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo. Ten publicado libros e artigos de investigación en varias revistas especializadas sobre a historia da educación en Ourense no século XX, especialmente sobre o acceso das mulleres ao ensino e o seu papel na sociedade. Ademais é autora do caderno de bitácora Mulleres ourensanas.

Mostrando 1-1 de 1 resultados

1

Libros del autor

Mostrando 1-1 de 1 resultados

1
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)