Darriba, Manuel

Darriba, Manuel

Manuel Darriba (Sarria, 1973) é narrador, poeta, guionista e xornalista. Debutou na literatura en 1997 coa novela xuvenil Paf Xarope, á que seguiron títulos como Velada do billarista (Premio Lueiro Rey 2000) ou Accidental, ambos os dous traducidos ao castelán. É autor dos poemarios Calor (1997), Vostede non sabe con quen está a falar (Premio Espiral Maior 2004) e Os indios deixaron os verdes prados (Premio González Garcés 2010). A súa incursión na narrativa infantil, Brais e os demais, foi finalista do Premio Frei Martín Sarmiento (2012). Como xornalista comezou a mediados dos 90 do pasado século en El Progreso e desenvolveu a profesión en diversos medios escritos (El Periódico de Catalunya, El Mundo, Expansión, El País). O seu labor de reporteiro valeulle galardóns como o Julio Camba ou o Manuel Alcántara. Na actualidade publica unha columna de opinión no semanario De Luns a Venres. É autor, con Daniel Salgado, da crónica política AGE. A emerxencia da Alternativa Galega de Esquerda (2013). No terreo audiovisual, escribe guións de cine e televisión e dirixe documentais e programas. En 2005 estivo nomeado aos Premios Mestre Mateo do audiovisual galego na categoría de documental. En 2011 obtivo unha bolsa de creación para guionistas na Residencia de Estudiantes de Madrid. O seu filme documental Pacios. As fotos da memoria (2011) exhibiuse en festivais internacionais de Europa e América.

Mostrando 1-8 de 8 resultados

1

Libros del autor

Mostrando 1-8 de 8 resultados

1
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)