García Vega, Lucía

García Vega, Lucía

Lucía García Vega (Lugo, 1974) é licenciada en Humanidades e doutora cum laude en Filoloxía Románica pola Universidade Complutense. Iniciouse na investigación cun estudo sobre as obras dramáticas do escritor francés Paul Claudel (1868-1955), presentado como tesiña en 1999 e polo que obtivo a máxima cualificación. En 2001, acadou o Diploma de Estudos Avanzados, naquela ocasión defendendo un traballo de investigación sobre a escritora posromántica Rosalía de Castro (1837-1885). Investigadora independente, é autora de diversas publicacións sobre Rosalía de Castro e que teñen visto a luz en recoñecidas revistas especializadas. Na actualidade, compaxina o labor científico coa creación literaria.

Mostrando 1-2 de 2 resultados

1

Libros del autor

Mostrando 1-2 de 2 resultados

1
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)