Ortigueira Bobillo, José Manuel

Ortigueira Bobillo, José Manuel

José Manuel Ortigueira Bobillo naceu en Rairiz de Veiga (Ourense) en 1960 e dende 1985 reside en Santiago de Compostela. É enxeñeiro agrónomo e máster en dirección de empresas, e ten dirixido diversos proxectos culturais relacionados coa paisaxe e a fotografía. Entre eles, as exposicións Compostela Única (2013) e Camiño de Inverno. De Ponferrada a Compostela (2020), que contaron con cadanseu libro-catálogo, ou a organización das Xornadas Internacionais de Paisaxismo (1991). Así mesmo, é autor do libro Casos prácticos sobre análisis de inversiones y financiación de pymes. Desafiar la miopía empresarial (2004). A súa vida profesional está centrada no desenvolvemento industrial e tecnolóxico de Galicia, a través das sociedades públicas autonómicas Sodiga e Xesgalicia.

Mostrando 1-2 de 2 resultados

1

Libros del autor

Mostrando 1-2 de 2 resultados

1
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)