Pacheco Vázquez, Mercedes

Pacheco Vázquez, Mercedes

Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Premio Lois Tobío da Asociación Galega de Editores á Mellor Tradución ao Galego 2005 e finalista ao Premio Nacional de Tradución 2006 e á Mellor Tradución ao Galego dos Premios da Asociación Galega de Escritores 2006 pola tradución de Manhattan Transfer, de John Dos Passos. Tradutora e correctora independente, colabora con distintas empresas e entidades culturais e é a editora de AUGA EDITORA.<br />Foi redactora e coordinadora da Enciclopedia Galega Universal nas áreas de Música e Literatura (1998-2002). Das súas traducións destacan Como falar de música clásica aos nenos, de Pierre Charvet (Editorial Nerea, 2010), Poderosa I, II, e III, de Sérgio Klein (Edicións Xerais de Galicia, 2008-2010), O rei no labirinto, de Marina Colasanti (Edicións Xerais de Galicia, 2008), Como falar de arte aos nenos, de Françoise Barbe-Gal (Editorial Nerea, 2008), A pel fría, de Albert Sánchez Piñol (Ensenada de Ézaro Ediciones, 2007), Textos políticos e literarios de Olympe de Gouges (Editorial Sotelo Blanco, 2007), El enigma de Omblívicus, de X. A. Perozo, (Algar Editorial, 2007), Novas tecnoloxías na educación, de Julio Cabero Almenara (Xunta de Galicia, 2007), ¡Viva o Teatro!, de José Luis Alonso de Santos, galardoada co II Premio Nacional María José Jove de Escritura Teatral Infantil 2005 (Editorial Everest Galicia, 2006), A sopa de letras (Algar Editorial, 2006), La llave maestra, de Xavier P. Docampo (Algar Editorial, 2004), Vinte mil leguas baixo dos mares, de Jules Verne (2004), Cuaderno de Riparia, de X. A. Perozo, Premio de Narrativa La Voz de Galicia (Algar Editorial, 2004), Nassima á sombra dos talibáns, de Merçè Rivas Torres (2000).

Mostrando 1-2 de 2 resultados

1

Libros del autor

Mostrando 1-2 de 2 resultados

1
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)