(Bande, Ourense, 1972) Licenciouse en Historia na Facultade de Humanidades de Ourense, onde realizou a tesina de doutoramento no programa Neolítico e Calcolítico na Prehistoria Recente Europea; logo especializouse en Avaliación e Xestión do Patrimonio Cultural e Arqueoloxía da Paisaxe na Universidade de Compostela. Profesionalmente, desenvólvese no mundo da Arqueoloxía e da valorización do Patrimonio Cultural desde 1998, participando en intervencións arqueolóxicas dentro e fóra do país, destacando a súa implicación na recuperación da cibdá castrexa de Lasbricae. Tamén comeza a dirixir ou codirixir actuacións nos cascos históricos de vilas e cidades, en xacementos neolíticos, castrexos, romanos e medievais; preocupándose obstinadamente pola súa divulgación, coa publicación de trípticos, sinalización de roteiros, ponencias, artigos… Destaca o seu longo traballo de investigación no campo da Etnografía.