Mario Regueira (Ferrol, 1979). Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago, actualmente cursa estudos de doutoramento en Teoría da Literatura e Literatura Comparada e remata a Licenciatura de Dereito. Participou en diversas publicacións como A Caramuxa, Citania, Dorna ou Nova Ólisbos, así como en distintos proxectos de creación na rede. A finais de 2006 forma parte do especial monográfico da revista luxemburguesa Abril, dedicado á Literatura Galega. É membro do proxecto editorial alternativo e autoxestionado Estaleiro Editora. Ten publicado reseñas na revista Grial e é colaborador habitual do Cartafol de Libros de Vieiros e da revista galega de música Sonotone.