Ramón Vilar Landeira (Rodís, Cerceda, 1973), licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, leva a maior parte da súa vida laboral vinculado ao mundo do xornalismo. Traballou como redactor en La Voz de Galicia e Faro de Vigo e dirixiu o diario dixital Vieiros. Na actualidade coordina proxectos relacionados coa comunicación, a cultura e o mundo educativo. Aínda que obtivo diferentes premios literarios, Os televisores estrábicos é a primeira obra súa que chega ás librarías.