Editorial: Editorial Galaxia
Número de páginas: 392 págs. 24.0 x 16.5 cm
Fecha de edición: 05-09-2017
EAN: 9788491510697
ISBN: 978-84-9151-069-7
Precio (sin IVA): 27,84 €
Precio (IVA incluído): 28,95 €
En paralelo á exposición ÁNXEL HUETE. Unha revisión crítica, celebrada no 2017 sae do prelo o libro do mesmo nome, publicado polo MARCO e a Editorial Galaxia, que forma parte integrante do proxecto, e que está xa dispoñible para venda ao público no Museo, completando así a mostra que actualmente se exhibe nas salas da planta baixa. Dende o inicio da preparación do proxecto, considerouse que debería enfocarse nunha dobre vía —expositiva e editorial—, ambas as dúas fundamentais á hora de abordar unha retrospectiva e de achegarse á figura e traxectoria do artista, funcionando ao mesmo tempo a modo de espello social e cultural das últimas décadas. Así, xunto ao texto curatorial de Agar Ledo, comisaria da exposición e autora tamén da liña de vida ou cronoloxía incluída na publicación, o libro inclúe aportacións de Rosalía Pazo Maside, Manuel Pérez Rúa, Anxo Rabuñal e Isaac Pérez Vicente, que contribúen a contextualizar a figura de Ánxel Huete como artista, e tamén nas súas facetas de pensador, profesor, activista, teórico, vinculado a movementos políticos, asociacións e foros de opinión, e persoa comprometida co seu tempo.