Editorial: Faktoría K de Libros
Colección: Tambo
Número de páginas: 168 págs. 21.0 x 14.5 cm
Fecha de edición: 13-02-2025
EAN: 9788419213563
ISBN: 978-84-19213-56-3
Precio (sin IVA): 14,42 €
Precio (IVA incluído): 15,00 €
A deste libro é unha voz que entende a poesía como o labor de tecer verbas e urdir signos e sons cos vimbios esvaradíos do tempo e do aire. Isto é, á fin, o mellor que o poeta ten para dar as grazas en homenaxe e celebración de persoas, feitos ou lugares que o acompañaron ao longo dos anos, deixándolle un pouso impagable.
Son versos que nos levan desde o abraio ante a obra ou a sensibilidade dunha figura exemplar ata a exaltación dunha feliz experiencia ou das vivencias que propician as viaxes. Versos, ao tempo, que tampouco non esquecen deixar un testemuño de repudio dos acontecementos que ensombrecen o mundo que nos tocou vivir. Xorden así, nos labirintos da palabra, poemas que acaban por compoñer unha posible constelación, un vago mapa, unha certa paisaxe afectiva e moral...