Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Literaria ; 475
Número de páginas: 292 págs. 21.0 x 13.0 cm
Fecha de edición: 12-04-2023
EAN: 9788411760188
ISBN: 978-84-1176-018-8
Precio (sin IVA): 20,10 €
Precio (IVA incluído): 20,90 €
A sí é Venecia, soño e calixe, cidade encantada e panterlo para as lembranzas e as fantasías dos amantes, dos solitarios e dos extraviados. Venecia como espello que reflicte o amor ata que remata escachando en mil anacos, recriminacións e remorsos. Venecia como tránsito cara á incerteza do futuro. E unha muller madura, na compaña da súa nai, percorre as súas pontes e canais para reconstruírse apañando os mil anacos do espello esnaquizado da que foi a súa relación cun home casado. E escríbelle decontino a esa pantasma, irreal e inalcanzable, como a propia cidade esvaecida entre a brétema dos que se amaron nunha paixón insondable e abrasadora. Mercedes Corbillón mostra, con crueza e clarividencia, as costuras do namoramento, as súa contradicións e a devastación final, os cascallos do desamor sobre os que unha ten que erguer unha nova vida, libre e consciente, da que ser a única soberana