Editorial: Edicións Xerais
Colección: Xerais narrativa ; 556
Número de páginas: 176 págs. 23.0 x 15.5 cm
Fecha de edición: 13-11-2025
EAN: 9788411107488
ISBN: 978-84-1110-748-8
Precio (sin IVA): 17,26 €
Precio (IVA incluído): 17,95 €
A nai morreu, e na Casa Grande só fican as pantasmas axexando tras as fendas. Os tres irmáns (Estela, Marcos e Paulina) regresan á vila para repartir os restos da herdanza, mais cada obxecto garda a pegada dunha memoria e a ameaza dun axuste de contas. No corazón desa casa, que xa non é fogar, latexan o pasado e os silencios dunha familia que camiña na corda frouxa entre a pertenza e o desapego, entre a fidelidade herdada e a liberdade desexada. "A Casa Grande" é unha novela poderosa e íntima que mergulla nas contradicións das relacións familiares: fráxiles nas formas, pero persistentes no fondo. Un relato cheo de humor, nostalxia e verdades incómodas, que nos lembra que todos estamos feitos, dalgún xeito, das historias que outros deixaron atrás.