Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Biblioteca Rei Ballesteros ; 4
Número de páginas: 394 págs. 21.0 x 13.5 cm
Fecha de edición: 03-02-2021
EAN: 9788491515852
ISBN: 978-84-9151-585-2
Precio (sin IVA): 20,05 €
Precio (IVA incluído): 20,85 €
Reúnense neste volume artigos e ensaios curtos publicados en distintos xornais e revistas e que Anxo A. Rei Ballesteros escribiu entre os anos 1979 e 2006.
O pensador e autor de Tempo e vinganza e o novelista que deu ao prelo Non sei cando nos veremos cadran nestes escritos coa mesma afouteza, capacidade de penetración e atrevemento en desmontar o convencional que o escritor amosaba adoito na súa vida e na súa obra. A relación entre fala e poesía, o vencello entre literatura e silencio, a pintura e o teatro, a estética do obsceno, unha memoria “inmemorial” e, ao cabo, unha “exaltación da peste”, son algúns dos asuntos que raiolan neste libro de pezas breves nas que reflexión e arte traman unha conspiración contra o obvio para iluminar sen suprimir a escuridade.