• A estandarización das linguas da Península Ibérica
A estandarización das linguas da Península Ibérica
Disponibilidad:
Según respuesta del editor
Comprar

A estandarización das linguas da Península Ibérica

procesos, problemas e novos horizontes

Monteagudo, Henrique (ed.)

Editorial: Consello da Cultura Galega

Colección: Ensaio & investigación

Número de páginas: 322 págs.  24.0 x 17.0 cm  

Fecha de edición: 10-04-2024

EAN: 9788417802622

ISBN: 978-84-17802-62-2

Precio (sin IVA): 17,31 €

Precio (IVA incluído): 18,00 €

A estandarización é un proceso tanto sociopolítico e cultural como propiamente lingüístico, e constitúe unha cuestión central na política e a planificación lingüísticas. O lingüista Otto Jespersen referiuse ao xurdimento das linguas estándar como "o fenómeno máis importante na evolución da lingua en tempos históricos". Talvez por iso, a estandarización é tamén un dos fenómenos sociolingüísticos máis discutidos, comezando polo significado do propio termo e a valoración dos seus efectos, e incluíndo os debates arredor da súa natureza e alcance. É así que nas últimas décadas os estudos estandarolóxicos experimentaron unha expansión exponencial, unha diversificación extraordinaria e unha renovación impresionante. Este volume recolle un feixe de traballos que teñen a súa orixe nos relatorios presentados no simposio Estándar, norma e variación: procesos, problemas e perspectivas, organizado polo Instituto da Lingua Galega en 2021, coa colaboración do grupo de investigación que puxo en marcha o proxecto ESTANDAREV [La estandarización lingüística revisitada: mediatización, vernacularización e ideologías lingüísticas en la España contemporánea]. As linguas estudadas son: o galego, o portugués europeo e brasileiro, o catalán, o éuscaro e, colateralmente, o castelán. Os traballos que se recollen no volume ofrecen un estado da cuestión da estandarización, os seus problemas e as súas perspectivas, ofrecen olladas novidosas sobre os estándares e os procesos de estandarización e sinalan novas vías de investigación.

 

Suscríbete a nuestra newsletter
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)