Editorial: Edicións do Cumio
Número de páginas: 240 págs. 21.0 x 13.4 cm
Fecha de edición: 10-12-2015
EAN: 9788482895154
ISBN: 978-84-8289-515-4
Precio (sin IVA): 13,46 €
Precio (IVA incluído): 14,00 €
É esta unha crónica dun tempo longo, a través das historias familiares e das xentes coas que convive o autor. O relato trascende da xeografía local ou persoal para adentrarse, mediante as personaxes e os imaxinarios reflectidos, nun universo co que calquera lector pode sentirse identificado.
O relator fala do vivido por el, antecesores e contemporáneos a través de diferentes etapas históricas, utilizando recordos propios, fontes orais e fontes documentais acumuladas ao longo do tempo. Esta crónica do cotiá destaca polo protagonismo das personaxes, os feitos achéganse ao lector a través deles, pois son esas persoas sinxelas ou importantes, as vidas dos outros, as flores da figueira, como as define o autor, as que fixeron posible o que se narra. É un relato no que se pretende transmitir que son as persoas as que, coas súas accións e decisións, protagonizan o acontecer social, cultural e político das comunidades ate convertirse en cidadáns conscientes do seu futuro e a realidade que os rodea.