Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Literaria ; 430
Número de páginas: 144 págs. 21.0 x 13.5 cm
Fecha de edición: 01-06-2021
EAN: 9788491516408
ISBN: 978-84-9151-640-8
Precio (sin IVA): 15,38 €
Precio (IVA incluído): 16,00 €
A finais dos anos noventa, Carmiña e Anselmo regresan a terras galegas para pasar unha xubilación sen sobresaltos.
Os seus dous fillos, xa entrados na trintena, semellan ter as súas vidas resoltas, un en Madrid e o outro en Londres. Pero unha chamada telefónica de Suso, o maior, quebra a tranquilidade da que apenas comezaban a gozar. Os temores relacionados cos puntos escuros do pasado mesturaranse cunha desgraza aínda maior que suporá un duro golpe para a familia.
A forma de Célebes é unha novela que aborda temas como a adaptación a ambientes novos e a situacións de dureza psicolóxica, así como as relacións dentro e fóra do núcleo familiar, as adiccións e as dificultades de comunicación; todo nun hermético recanto do interior de Galicia a medio camiño entre o urbano e o rural.