Mariño Paz, Ramón
(ed.)
Varela Barreiro, Xavier
(ed.)
Editorial: Consello da Cultura Galega
Colección: Ensaio & investigación
Número de páginas: 194 págs. 24.0 x 17.0 cm
Fecha de edición: 01-12-2016
EAN: 9788492923779
ISBN: 978-84-92923-77-9
Precio (sin IVA): 14,42 €
Precio (IVA incluído): 15,00 €
No ano 2007 o Consello da Cultura Galega e o Instituto da Lingua Galega publicaron unha obra colectiva que levaba o título de Na nosa lyngoage galega. A emerxencia do galego como lingua escrita na Idade Media. Este volume acha agora o seu reverso nestoutro libro, que se debruza sobre a cuestión do abandono do uso escrito formal da nosa lingua entre os séculos XV e XVI e sobre os procesos de cambio en que naquela altura estaba inmersa. Os traballos en que se estudan as cuestións relativas á lingua galega no final da Idade Media van precedidos por unha análise do marco político, económico e social en que o reino de Galicia chegou a esta conxuntura histórica e por dúas contribucións destinadas a presentar o escenario en que se deu a transición da Idade Media á Idade Moderna en dúas comunidades lingüísticas veciñas de Galicia que estaban inmersas en escenarios sociolingüísticos ben diferentes entre si: Portugal e Asturias.