Editorial: Edicións Xerais
Colección: Xerais narrativa ; 498
Número de páginas: 136 págs. 23.0 x 15.5 cm
Fecha de edición: 08-09-2022
EAN: 9788411101547
ISBN: 978-84-1110-154-7
Precio (sin IVA): 17,79 €
Precio (IVA incluído): 18,50 €
É pouco coñecido o vínculo do escritor Antonio Noriega Varela, alcumado «O poeta da montaña», cunha vetusta construción situada no Alfoz do Castrodouro. Deste feito real parte unha ficción absolutamente contemporánea, unha trama que recrea o ocaso dun rural onde a mocidade loita por atopar oco e onde os anciáns, acompañados dos seus cans, matan o tempo morto legando a bagaxe da vida. No medio desta existencia rutineira, un suceso con esencia ideolóxica sacode a dinámica do municipio.