Estudos de Onomástica Galega
Boullón Agrelo, Ana Isabel
(ed.)
Méndez, Luz
(ed.)
Editorial: Real Academia Galega
Colección: Sección de Lingua . Seminario de onomástica
Número de páginas: 190 págs. 24.0 x 16.5 cm
Fecha de edición: 28-12-2021
EAN: 9788417807122
ISBN: 978-84-17807-12-2
Precio (sin IVA): 19,23 €
Precio (IVA incluído): 20,00 €
Co gallo de se celebrar en 2021 o Ano Santo Compostelán, nesta VI Xornada quixemos achegarnos á onomástica do Camiño de Santiago. As perspectivas de estudo foron diversas: comézase pola Idade Media, na época da consolidación do Camiño, cunha achega sobre os cambios nos significados dos corónimos Galicia e España ao longo da historia e outra sobre o valor da toponimia para a crítica textual (neste caso, na transmisión do Códice Calixtino). Céntranse no propio nome de Santiago as dúas seguintes: unha sobre as súas moitas variantes na antroponimia e na toponimia peninsular e a segunda sobre a súa presenza na toponimia americana. Despois, as acostumadas experiencias didácticas, neste caso dúas con base na toponimia dun tramo do Camiño no concello de Ames. Finalmente, unha mesa redonda sobre o estudo da toponimia no Camiño de Santiago en que se conclúe a oportunidade de celebrar un congreso internacional sobre o tema, como corresponde á condición de Galicia de ser a meta do Camiño e á súa posición de liderado nos estudos toponímicos.