• A prensa en Galicia na Transición
A prensa en Galicia na Transición
Disponibilidad:
Según respuesta del editor
Comprar

A prensa en Galicia na Transición

Perez Pena, Marcos

Editorial: Edicións Xerais

Colección: Crónica ; 150. Memoria

Número de páginas: 528 págs.  24.0 x 17.0 cm  

Fecha de edición: 07-07-2016

EAN: 9788491210689

ISBN: 978-84-9121-068-9

Precio (sin IVA): 26,25 €

Precio (IVA incluído): 27,30 €

Que papel xogou a prensa galega durante a Transición política? Foi por diante ou por detrás da sociedade? Que posición adoptou ante a reivindicación dunha autonomía de primeiro nivel para Galicia? A Transición configúrase como o momento fundacional do sistema democrático vixente, da actual organización política e da estrutura socioeconómica; tamén da estrutura de medios. Todos eles postos en cuestión recentemente nunha crise ligada ao esgotamento desa estrutura fundacional.
Os xornais son a testemuña do seu tempo e, á vez, unha ferramenta fundamental para darlle forma. Ao longo da Transición, a prensa serviu de escenario para a loita entre varios proxectos de sociedade e, en maior ou menor grao, foi escaparate das ansias de cambio. A iso contribuíu a chegada ás redaccións dunha nova xeración de xornalistas que, grazas a unha liberdade da que hoxe carecerían na maior parte das empresas, sinalaron un camiño para a democratización do país e tamén para as demandas de autogoberno.
En A prensa en Galicia na Transición, Marcos Pérez Pena realiza un minucioso percorrido polos principais acontecementos sociopolíticos da época para recoñecer o papel determinante dos xornais no seu desenvolvemento. Moitas cousas mudaron despois, a partir de 1980, unha vez consolidado o proceso de Transición e fixados os límites do consenso. Tamén nos medios, onde os xornalistas viron moi limitada a súa autonomía

 

Características

Idioma:
Gallego
País de edición:
España
Encuadernación:
Rústica
Suscríbete a nuestra newsletter
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)