Editorial: Edicións Xerais
Colección: Fora de xogo ; 191
Número de páginas: 144 págs. 21.0 x 13.0 cm
Fecha de edición: 08-10-2020
EAN: 9788491217299
ISBN: 978-84-9121-729-9
Precio (sin IVA): 12,98 €
Precio (IVA incluído): 13,50 €
Nacín hai xa moitos séculos. Son a lingua galega, filla dunha poderosa raíña e duns belicosos reis que moraban no noroeste da Península Ibérica. Fun admirada en Europa e cortexada por reis, nobres e bispos. Os trobadores tanxían os seus instrumentos cantándome nos pazos e castelos, mentres os xograres alegraban as festas comigo. Mesmo os poetas de Castela, Andalucía e a Provenza devecían por min. Cos Irmandiños fun derrubar castelos de nobres opresores e coas xentes do común escorrentei os franceses ao que ousaron pisar Galicia. Pero cando me deixaron de escribir, só o alento do pobo conseguiu manterme viva. Agardo contigo, que me les, recuperar os esplendorosos momentos de gloria e vivir orgullosa outras mil primaveras máis.