Editorial: Edicións Xerais
Colección: Redes ; 4
Número de páginas: 296 págs. 22.0 x 14.0 cm
Fecha de edición: 07-03-2024
EAN: 9788411104975
ISBN: 978-84-1110-497-5
Precio (sin IVA): 13,41 €
Precio (IVA incluído): 13,95 €
Celia, unha nena que vive no orfanato Hijas de la Caridad, desaparece sen deixar pegada. Emilia, a súa mellor amiga, tentará suplir o oco que deixa uníndose irremediablemente á súa irmá xemelga, MX, quen fuxirá da pantasma da desaparecida nunha carreira cara adiante. Esa unión medrará con elas nunha relación amorosa de cimentos fráxiles, pero a incógnita da desaparición atormenta a Emilia, que teima en retornar ao pasado para descubrir o que sucedeu.
A través dunha voz literaria rotundamente persoal e fascinante, Miriam Beizana constrúe unha historia subxugante, escrita con extrema delicadeza: a da estraña e imantada relación que se establece desde a infancia entre Emilia, Celia e MX.