Editorial: Edicións Xerais
Colección: Fora de xogo ; 1
Número de páginas: 232 págs. 21.0 x 13.0 cm
Fecha de edición: 07-03-2024
EAN: 9788411105033
ISBN: 978-84-1110-503-3
Precio (sin IVA): 12,45 €
Precio (IVA incluído): 12,95 €
Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para todos eles que só o seu pai coñece. Un día o seu encerro vese alterado, e o seu pai advírtelles: «Imaxinade que a vosa sombra se separa de vós e cobra vida propia. Imaxinade que a imaxe do espello ten vida de seu e actúa pola súa conta. Ha chegar un momento en que teñades dificultades».
Publicada hai tres décadas, a novela de Suso de Toro «A sombra cazadora» converteuse nunha das obras máis lidas da literatura xuvenil. Esta edición, revisada e ampliada polo autor, afiánzaa como un texto de lectura inexcusable