Editorial: Edicións Xerais
Colección: Xerais narrativa ; 362
Número de páginas: 336 págs. 22.0 x 14.5 cm
Fecha de edición: 02-10-2014
EAN: 9788499147567
ISBN: 978-84-9914-756-7
Precio (sin IVA): 18,27 €
Precio (IVA incluído): 19,00 €
Un arrepiante suceso acontecido durante a II Guerra Mundial en Vigo –cidade daquela ateigada de espías nazis e aliados– ten dramáticas consecuencias setenta anos despois, cando o rico nonaxenario Eliseo Sandamil Bentraces teme ser vítima dunha vinganza e contrata o detective Nivardo Castro, que actúa, coma outras veces, acompañado polo xornalista Carlos Conde. A novela acolle personaxes reais e imaxinarios e desenvolve unha densa intriga internacional, que comeza en Galicia co tráfico de volframio e o aprovisionamento de submarinos alemáns –co porto de Vigo convertido nunha vía de escape de xudeus e de nazis–, e que termina no ano 2013 na Arxentina patagónica. A vinganza do defunto, quinta entrega da serie de novelas iniciada por Crime en Compostela e protagonizadas polo detective Nivardo Castro, é unha impactante, orixinal e profunda viaxe ao corazón do máis grande drama bélico do século XX e as súas demoradas consecuencias