• A visión do amor no cancioneiro de Don Denis
A visión do amor no cancioneiro de Don Denis
Disponibilidad:
Según respuesta del editor
Comprar

A visión do amor no cancioneiro de Don Denis

estudo e edición de 33 cantigas de amor

Eirín García, Leticia

Editorial: Laiovento

Colección: Ensaio ; 324

Número de páginas: 286 págs.  21.0 x 14.0 cm  

Fecha de edición: 30-11-2014

EAN: 9788484872757

ISBN: 978-84-8487-275-7

Precio (sin IVA): 19,13 €

Precio (IVA incluído): 19,90 €

Este libro parte dun corpus textual constituído por trinta e tres cantigas de amor do rei e trobador portugués Don Denis (1261-1325), nas cales aparece recollido de modo explícito o motivo da visión da dama, tópico xa presente na literatura desde a Antigüidade Clásica. A través dos textos trázase unha análise desde a perspectiva da visión e do amor trobadoresco, unha panorámica do sentimento amoroso experimentado pola voz poética masculina, cuxa xénese vén dada precisamente pola contemplación da senhor. Este estudo vai acompañado do comentario retórico e literario de cada unha das trinta e tres composicións, así como da súa fixación textual, realizada seguindo as tendencias ‘neo-lachmanianas’ e outras achegas actuais e signifi cativas da crítica textual. O cancioneiro de Don Denis, composto por cento trinta e sete cantigas, fai del o trobador máis prolífi co da nosa poesía medieval, mais este destaca tamén cualitativamente, debido á unión nas súas composicións da tradición poética previa con elementos innovadores, así como polo diálogo que estabelece con outras escolas, nomeadamente a provenzal.
O presente estudo pretende pór de relevo a singularidade da produción lírica de Don Denis dentro da homoxeneidade formal que caracteriza a nosa poesía medieval, ponderando, de por parte, o seu papel como o último grande monarca da escola trobadoresca galego-portuguesa, feito que redundará no (re)coñecemento, recuperación e valoración do noso glorioso patrimonio cultural e literario.

 

Características

Idioma:
Gallego
País de edición:
España
Encuadernación:
Rústica
Suscríbete a nuestra newsletter
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)