Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Costa oeste ; 156
Número de páginas: 116 págs. 20.0 x 13.0 cm
Fecha de edición: 09-06-2025
EAN: 9788411764681
ISBN: 978-84-1176-468-1
Precio (sin IVA): 13,94 €
Precio (IVA incluído): 14,50 €
Zoe, tras un grave incidente, ten que comparecer ante a Fiscalía de Menores. A súa nai, desesperada, mentres o futuro da filla non se resolve, envíaa á aldea de Vilavedra a pasar o verán con Primitiva, a madriña, unha vella á que a moza nin estima nin coñece.
Nesas xornadas estivais Zoe madurará e descubrirá devagar como asumir as consecuencias dos seus actos. Coñecerá tamén a Roi, un mozo moi distinto a ela, e xuntos desentrañarán o misterio que envolve o pasado de Primitiva, agochado tras dun mangado de cartas e unha vella pandeireta.
Agora que vén a noite constrúe, elo a elo, a cadea invisible que une no tempo o presente coa tradición. Unha cadea que debemos coidar e reivindicar, coa palabra, co cante e co toque. Unha celebración da nosa cultura popular e das mulleres afoutas que a conservaron en tempos escuros e incertos.