Editorial: Baía Edicións
Colección: Baía narrativa ; 32
Número de páginas: 208 págs. 14.3 x 21.0 cm
Fecha de edición: 30-03-2017
EAN: 9788499952215
ISBN: 978-84-9995-221-5
Precio (sin IVA): 11,54 €
Precio (IVA incluído): 12,00 €
Alma. Un sopro de aire fresco centra a súa historia na xeración beat, na xeración europea que sufriu guerras e posguerras española e europea, na persecución dos nazis, dos xudeus e xudías, da contribución de Galiza por medio das irmás ribadavienses Touza, na colaboración cos servizos secretos para salvaren o pobo xudeu dos campamentos de exterminio e propiciaren a súa fuxida a Portugal, África ou América, presentado de forma singular polo pensador Walter Bejamin.
Unha obra poliédrica na que conflúen o ensaio, o diálogo e diversos xéneros literarios, postos ao servizo de resolver unha trama que percorre a obra e que procura poñer en valor o pensamento non abondo coñecido de Bejamin. As irmás Touza son unhas figuras de recoñecido prestixio entre o pobo xudeu sendo consideradas mesmo como heroínas polo Estado israelí, documentadas por Antón Patiño na súa novela A memoria de ferro. Na actualidade, infórmase por diversos medios que Hollyvood está preparando unha película (musical) sobre o seu papel para liberar do holocausto a máis de 500 persoas