• As ilusións estrañas
As ilusións estrañas
Disponibilidad:
Según respuesta del editor
Comprar

As ilusións estrañas

Dobao, X. Antón L.

Editorial: Editorial Galaxia

Colección: Literaria ; 328

Número de páginas: 160 págs.  21.0 x 13.5 cm  

Fecha de edición: 05-09-2014

EAN: 9788498655438

ISBN: 978-84-9865-543-8

Precio (sin IVA): 16,49 €

Precio (IVA incluído): 17,15 €

Os contos que forman este libro de Antón Dobao son diferentes entre si pero todos teñen en común unha arela por transitar zonas prohibidas. A perda é unha constante destes relatos, a sensación de final —case apocalíptica— é outra das atmosferas que pairan sobre As ilusións estrañas. Un xogo de luces e sombras que, ao esvaeceren, deixan á vista unha realidade distinta do que en principio aparentaba.
A fronteira entre o real e o imaxinario, ese territorio no que a realidade parece que perde a súa consistencia, é o lugar onde aniñan As ilusións estrañas. Antón Dobao amosa unha habelencia insólita para escoller os feitos narrados —as situacións, os personaxes que as viven— e as palabras coas que estes se narran. Trátase do xogo da ficción, no que o autor introduce a quen le sen que, ata o momento preciso, este se dea decatado das regras que gobernan os feitos e a xente dese mundo aparentemente próximo e doadamente intelixible.
Velaquí o que escribiu Giacomo Leopardi sobre as ilusións no seu Zibaldone di pensieri: "O pracer máis sólido desta vida é o pracer van das ilusións. Eu considero as ilusións como algo en certo xeito real, tendo en conta que son ingredientes esenciais do sistema da natureza humana [...] de maneira que non é lícito explicalas como soños dun único ser humano senón como xurdidas de veras da natureza; sen elas, a nosa vida sería a máis mísera e ruín das cousas."
Ao cabo, en As ilusións estrañas todo o que parecía ser unha procura rigorosa da verdade acaba por se converter en material para alimentar algo falso: unha ficción perfecta e convincente; iso que, en esencia, vén sendo a literatura.

 

Características

Idioma:
Gallego
País de edición:
España
Encuadernación:
Rústica
Suscríbete a nuestra newsletter
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)