Editorial: Laiovento
Colección: Ensaio ; 356
Número de páginas: 192 págs. 21.0 x 14.0 cm
Fecha de edición: 05-03-2018
EAN: 9788484873945
ISBN: 978-84-8487-394-5
Precio (sin IVA): 16,92 €
Precio (IVA incluído): 17,60 €
Neste libro realízase unha aproximación ás políticas de xénero implementadas polos gobernos municipais galegos durante a lexislatura 2007-2011. Así, en primeiro lugar, descríbense as principais características de ditas políticas e, a través do deseño dun índice cuantitativo, mídese o seu nivel de desenvolvemento nos municipios galegos. En segundo lugar, a través dunha análise multivariable, examínase a influencia que teñen sobre as políticas municipais de xénero un conxunto de factores que segundo a literatura especializada poden ser relevantes.
Os resultados da investigación empírica realizada amosan que a maioría dos municipios galegos estaban realizando políticas de xénero durante o período analizado e que no nivel de desenvolvemento de ditas políticas influían de forma importante tres tipos de actores: as mulleres presentes nas corporacións municipais, o movemento de mulleres e feminista presente nos municipios e o partido político nos gobernos municipais. Asemade, verase que tamén tiñan incidencia outras dúas variables de tipo contextual: o tamaño e a provincia dos municipios.