• As superviventes
As superviventes
Disponibilidad:
Según respuesta del editor
Comprar

As superviventes

Caride Ogando, Ramón

Editorial: Edicións Xerais

Colección: Xerais narrativa ; 539

Número de páginas: 120 págs.  23.0 x 15.5 cm  

Fecha de edición: 16-01-2025

EAN: 9788411106221

ISBN: 978-84-1110-622-1

Precio (sin IVA): 16,30 €

Precio (IVA incluído): 16,95 €

Tres mulleres coinciden na sala de espera de urxencias do CHUS de Compostela unha madrugada calquera. Este imprevisto azar vai ter consecuencias impensadas en cada unha delas. Son veteranas de moitas guerras psíquicas, e levan sufrido agresións físicas, sociais e farmacolóxicas. Con todo, non se consideran vítimas, cousas pasivas que se deixan facer e desfacer, e pelexan acotío para chegaren a ser quen queren. Son superviventes. Neste tempo de crise enquistada -unha era marcada polas ditaduras produtivas, consumistas, toxico-pornográficas e tamén pola das redes sociais-, a demolición dos prototipos de xénero e a construción da propia identidade sexual e afectiva son cavorcos que poucos se atreven a ollar até o seu fondo. Mais a vida é un exercicio de funambulismo, mesmo que non nos decatemos. Andamos sempre en precario equilibrio riba dun cabo moi estreito, ao bordo da caída libre no baleiro. E cando miras moito tempo ao abismo, o abismo tamén mira dentro de ti. Chamádeme Xanax!

 

Características

Idioma:
Gallego
País de edición:
España
Encuadernación:
Rústica
Suscríbete a nuestra newsletter
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)