Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Literaria Ronsel ; 3
Número de páginas: 272 págs. 23.0 x 14.8 cm
Fecha de edición: 01-03-2024
EAN: 9788411761925
ISBN: 978-84-1176-192-5
Precio (sin IVA): 20,24 €
Precio (IVA incluído): 21,05 €
Unha cidade con vida. Un río de morte que a rompe. O cadáver dunha muller. Un asasinato? O primeiro. A partir de aí a escuridade e o fanatismo anuncian días de horror. Polo medio, intriga, tensión policial e humor. Un reloxo en marcha, a ignorancia do que acontece e as pantasmas do pasado. Nas misteriosas e revoltas augas da cidade de Pontevedra, o comisario Serafín Freixeiro deberá resolver unha serie de crimes onde os intereses políticos, económicos e relixiosos chocan coa sorprendente realidade de Semana Santa. As vidas do río é unha novela de suspense que fai que o lector sinta a forza de atracción dunha cidade actual, viva e máxica, onde as emocións animarán o seu camiño para coñecela a través duns acontecementos tráxicos, neste relato vertixinoso en que as pezas van encaixando con precisión para chegar a un insólito final.