• Atlas arqueolóxico da paisaxe galega
Atlas arqueolóxico da paisaxe galega
Disponibilidad:
Según respuesta del editor
Comprar

Atlas arqueolóxico da paisaxe galega

Criado Boado, Felipe (ed.) (...)

Editorial: Edicións Xerais

Colección: Universitaria

Número de páginas: 336 págs.  24.0 x 17.0 cm  

Fecha de edición: 09-06-2016

EAN: 9788491210481

ISBN: 978-84-9121-048-1

Precio (sin IVA): 37,98 €

Precio (IVA incluído): 39,50 €

A paisaxe é un produto das formas de ser, de estar, de pensar e de actuar de cada sociedade. A paisaxe galega de hoxe é o resultado das nosas formas de ser, estar, pensar e actuar, mais tamén das daqueles que nos precederon no tempo. Moitas das cousas que consideramos máis características da paisaxe de Galicia son o produto ou o efecto da acción humana, e non só diso que chamamos a Natureza.
Este libro é unha especie de atlas arqueolóxico das paisaxes culturais de Galicia, e dicimos «unha especie» porque non é un atlas entendido no sentido convencional de conxunto de mapas; o que fai é describir as diferentes formas da paisaxe que se foron sucedendo ao longo dunha boa parte da historia do que hoxe é Galicia, dende a prehistoria até a época medieval.
O relato parte do que coñecemos como paisaxe tradicional para, logo, ir na procura dos seus elementos típicos, xa presentes –ou ausentes– nas paisaxes que o precederon e o foron conformando. Porén, as paisaxes arqueolóxicas son algo que non existe; os seus restos, ou ben se incorporaron en gran medida a formas posteriores de paisaxe, ou ben subxacen relictos e esquecidos baixo estas. Por iso precisamente as chamamos arqueolóxicas.
A historia que facemos aquí é unha historia humana do antropoceno, un concepto que vén definir unha nova etapa xeolóxica marcada pola dominación humana dos sistemas da Terra, unha etapa en que a acción sociocultural modifica activamente o mundo e substitúe un medio natural por un medio cultural cada vez máis artificial

 

Características

Idioma:
Gallego
País de edición:
España
Encuadernación:
Rústica
Suscríbete a nuestra newsletter
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)