Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Ensaio ; 134
Número de páginas: 226 págs. 23.0 x 14.8 cm
Fecha de edición: 25-10-2024
EAN: 9788411763424
ISBN: 978-84-1176-342-4
Precio (sin IVA): 22,40 €
Precio (IVA incluído): 23,30 €
Xavier Castro Pérez, estudoso da historia cultural da alimentación e a culinaria galega, ofrécenos en Ben mantidos un percorrido polos maiores e máis ilustres protagonistas da nosa gastronomía: o cocido, o caldo, as empanadas, o polbo, as vieiras... Unha novidosa interpretación da nosa historia, unha “nova crónica de nós”, fornecida de alento e optimismo e cunha ollada que permita que as novas xeracións se identifiquen cunha sociedade vizosa que pasou penurias xa superadas, o que leva ao autor a soster que, coa dieta atlántica, os galegos estivemos, e seguimos a estar, ben mantidos. E moi satisfeitos cos nosos xantares.