Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Literaria ; 416
Número de páginas: 160 págs. 21.0 x 13.5 cm
Fecha de edición: 25-09-2020
EAN: 9788491514879
ISBN: 978-84-9151-487-9
Precio (sin IVA): 16,49 €
Precio (IVA incluído): 17,15 €
O comando de liberación animal entrou na granxa e abriu as gaiolas. Milleiros de visóns americanos, máis grandes e feros do que anunciaban as enciclopedias, foxen ás carreiras. Non se espallan polos montes dos arredores, senón que van cara á cidade sen nome. Alí viven persoas como Urbano e Nati, preocupados pola tardanza da súa filla; ou Celso, un traballador de banca que coñeceu tempos mellores; ou a misteriosa Lady Constance, que talvez coñeza de primeira man os proxectos do comando. Todos ignoran que a noite do venres vai estar chea de perigos. Os mustélidos que escaparon da granxa non só posúen feitura fermosa e lixeireza de movementos, senón que tamén teñen instinto asasino e dentes longos e afiados. As rúas están ateigadas de cidadáns que festexan a primavera. Non sospeitan que a morte se agocha baixo a aparencia inocente dun animal de pel escintilante.