Editorial: Edicións Xerais
Colección: Fora de xogo ; 196
Número de páginas: 160 págs. 21.0 x 13.0 cm
Fecha de edición: 09-09-2021
EAN: 9788491219361
ISBN: 978-84-9121-936-1
Precio (sin IVA): 12,98 €
Precio (IVA incluído): 13,50 €
Hai un asasino solto polas rúas de Compostela e só dous irmáns distanciados tras a morte dos seus pais coñecen os segredos necesarios para detelo. Fernán e Xandre Malvís terán que superar as barreiras autoimpostas entre eles e aprender a confiar o un no outro mentres se enfrontan a un criminal que supera totalmente o raciocinio. Lobishomes, meigas e segredos de antigas familias crean un entramado que, de non ser resolto, porá en perigo as vidas de todos os habitantes da cidade. O tempo corre ata a seguinte lúa chea; cada nova noite pode supoñer unha vítima máis e, un só erro, a perda de todo aquilo que os irmáns consideran digno de protección