Editorial: Consello da Cultura Galega
Número de páginas: 145 págs. 22.0 x 17.0 cm
Fecha de edición: 21-03-2014
EAN: 9788492923564
ISBN: 978-84-92923-56-4
Precio (sin IVA): 17,31 €
Precio (IVA incluído): 18,00 €
"Xosé María Díaz Castro foi poeta e tradutor. Certamente, a súa notoriedade na Historia da Literatura Galega débese á publicación de Nimbos (1961), poemario que o consagrou como un clásico da poesía do século XX. Agora ben, a súa principal dedicación vital como autor, a súa ocupación laboral como profesional e o océano literario no que se veu mergullado por máis horas e do que emerxeron máis páxinas por el asinadas foi, sen lugar a dúbidas, a tradución.
Neste volume, Cartafol de traducións e outros poemas, tento espellar a importancia que, no conxunto da escrita diazcastriana, tiveron sempre os traballos de tradución.
Nalgún lugar escribín que, se puxeramos por xunto as planas trasladas por Díaz Castro, estas superarían ben os tres milleiros. Mais non só no cuantitativo a obra tradutora do guitiricense é moi importante, senón que tamén no cualitativo ofrece textos de valor que deben contarse entre o mellor da súa produción."
Incluye la reproducción facsímil de los textos originales con notas manuscritas. Volúmenes guardados en un estuche