Editorial: Editorial Galaxia
Editorial: Consorcio de Santiago
Colección: Grandes biografías ; 5
Número de páginas: 1500 págs. 21.5 x 15.0 cm
Fecha de edición: 23-06-2020
EAN: 9788491514763
ISBN: 978-84-9151-476-3
EAN: 9788416753451
ISBN: 978-84-16753-45-1
Precio (sin IVA): 44,23 €
Precio (IVA incluído): 46,00 €
O meniño rianxeiro, o rapaz emigrante e retornado, o debuxante e o pintor autodidacta, o médico entregado, o ilustrador que se vale dos debuxos de humor para concienciar os galegos, o funcionario, o profesor de debuxo, o membro das Irmandades da Fala, o escritor e artista. Velaquí o segundo volume dunha biografía monumental, concibida por Miguel Anxo Seixas case coma un diario da vida cotiá de Castelao cos fitos da súa cronoloxía persoal e pública, desta volta durante os anos da Segunda República e a Guerra Civil. Labor de toda unha vida dedicada á investigación, á recollida de datos e documentación, o autor desta crónica da vida de Castelao deita no papel a súa paixón pola busca do pormenor significativo, o seu rigor na comprobación e descuberta de aspectos ignorados ou esquecidos, o gusto por rexistrar os pasos e a obra de quen foi unha das personalidades fundamentais na construción da nación galega.