Fernández Salgado, Xosé A.
(ed.)
Editorial: Laiovento
Colección: Ensaio ; 347
Número de páginas: 204 págs. 21.0 x 14.0 cm
Fecha de edición: 06-07-2017
EAN: 9788484873648
ISBN: 978-84-8487-364-8
Precio (sin IVA): 17,88 €
Precio (IVA incluído): 18,60 €
Neste libro dáse a coñecer un manuscrito inédito, escrito en galego arredor da década de 1770, que contén cincuenta décimas dirixidas contra o Cura de Fruíme. Trátase dunha longa carta en verso, sen datar e sen emisor coñecido, en que se fai unha retranqueira censura contra o Cura polos Petitorios que este anualmente publicaba co obxecto de recadar bens para o culto da Virxe das Dores.
A escaseza de textos en galego no período dos Séculos Escuros así como a extensión da composición, o rexistro lingüístico empregado e a súa calidade poética converten as décimas nun texto transcendental neste período da lingua e obrigan a matizar afi rmacións sobre o anecdótico uso do galego escrito nesta altura. Por este motivo, Laiovento comprácese en publicar este libro Cincuenta décimas contra don Diego Zernadas. Edición e estudo dun novo texto en galego do século XVIII, de Xosé A. Fernández Salgado. Nel ofrece dúas edicións das décimas, unha paleográfi ca e outra anotada e actualizada grafi camente, claves para comprender o seu contido, conxecturas sobre a súa datación e autoría e unha completa análise dos trazos gráfi cos, morfosintácticos e léxicos.