• Comezar desde cero
Comezar desde cero
Disponibilidad:
Según respuesta del editor
Comprar

Comezar desde cero

voces de mulleres recuperando as súas vidas

Merelas, Tania

Editorial: Embora

Colección: Feminismo ou barbarie

Número de páginas: 208 págs.  21.0 x 15.0 cm  

Fecha de edición: 29-11-2017

EAN: 9788416456697

ISBN: 978-84-16456-69-7

Precio (sin IVA): 19,23 €

Precio (IVA incluído): 20,00 €

As violencias machistas son un eixo que vertebra ás sociedades patriarcais nas que vivimos. A humillación, a dor, a submisión, o auto-abandono, a inseguridade persoal, é dicir... o medo, son accións que, exercidas sobre as mulleres, conseguen reproducir unha orde xerárquica androcéntrica e patriarcal.
Este é un libro coral no que a autora é quen de atopar un pulso narrativo que se sitúa entre o ensaio e o informe de investigación. Desde unha sólida estrutura teórica, e con intelixencia analítica, aborda un tema complexo e formula preguntas incómodas que nos alonxan da zona de confort para adentrarnos noutras olladas das violencias machistas.
Esta obra quere (e consígueo) considerar ás mulleres coma persoas fortes, con capacidade individual e colectiva para superar unha situación de tortura e terror que marcará as súas vidas para sempre. Esta realidade deberá ser considerada como unha enorme fortaleza para as mulleres xa que se sitúa ao agresor como perdedor ao non conseguir o seu obxectivo: a escravitude física e emocional das súas parellas.

 

Suscríbete a nuestra newsletter
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)